“Si me lo dices, lo olvido. Si me lo enseñas, lo recuerdo. Si me involucras, aprendo”.

“Si me lo dices, lo olvido. Si me lo enseñas, lo recuerdo. Si me involucras, aprendo”.

domingo, 17 de abril de 2011

A Música Clásica e o cine.



"Creo firmemente que a música de cine será capaz de converterse, e ata certo punto xa o é, nunha das Belas Artes - R. Vaughan Williams".

Dende os primeiros comezos do cine, a música foi un elemento fundamental como potenciador da imaxe. Xa no cine mudo, as películas acompañábanse por un piano ou un órgano. Moitos compositores fixeron as súas primeiras probas como pianistas en cine incluíndo o gran Shostakovich.

Co cine sonoro, moitos compositores caeron na tentación de escribir música para o cine porque daba moito máis diñeiro que os concertos. Entre eles podemos destacar a Erik Korngold (Robin Hood, El capitán Blood, El príncipe y el mendigo), George Gershwin (Un americano en París), Dmitry Shostakovich (O Rei Lear, La Nueva Babilonia), Serguei Prokofiev (Alexander Nevski) ou Leonard Bernstein (West Side Story). En España, o compositor que máis colaborou co cine foi Antón García Abril (Los Santos Inocente, Sor Citroen, La ciudad no es para mí, Las secretarias, El turismo es un gran invento, ou Vente a Alemania Pepe).

Coa radicalización da linguaxe musical, os directores de cine mostráronse pouco partidarios de incluír música dos seus contemporáneos e moito menos de encargar unha partitura enteira a un deles. A grande excepción é Stanley Kubrick con:
-      2001: Odisea no Espazo que utiliza o "Requiem", "Lux Aeterna", "Atmosferas" e "Aventuras" de Ligeti, ademais do famoso "Así falaba Zaratustra" de R. Strauss.



-      O resplandor que utiliza "Lontano" de Ligeti, "Música para corda percusión e celesta" de Bartok, "O espertar de Jacob", "Utreja", "Polomorphia", Canon para 52 instrumentos" ou "De Natura Sonoris" de Penderecki.
-      Eyes Wide Shut que utiliza a "Musica Ricercata" tamén de Ligeti.




-     A laranxa mecánica que utiliza dunha forma maxistral a novena de Beethoven no condicionamento operativo sufrido polo seu protagonista.


Outra gran película que utiliza música de Ligeti é "Heat" (1995) conRobert de Niro e Al Pacino co seu "Concerto para violoncelo e Orquestra".



Non obstante, nos últimos anos houbo dúas posturas do cine ante a música clásica: por unha parte houbo unha tendencia a crear nova música partindo das investigacións tímbricas e drámticas de finais do século XIX (Wagner, Mahler, Strauss) dando lugar a auténticas obras de arte como son as bandas sonoras de John Williams que parte de moitas das ideas drámaticas e tímbricas de Wagner (pódese comparar a fanfarra inicial da "Guerra das Galaxias" e a "Marcha Nupcial" de Lohengrin de Wagner).
A outra postura é a volta aos autores clásicos, sobre todo en películas de época así como para contrastar o pasado e o presente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario