A historia da música ten unha gran importancia na educación musical á hora de coñecer o porqué de moitos aspectos musicais. Un destes aspectos é a lecto-escritura musical, ¿porqué o nome das notas? ¿porqué se escriben en cinco liñas? ¿porqué hai sete claves?...
Ouro aspecto de maior importancia ó meu xuízo é a interpretación dunha partitura calquera, sexa cantada ou tocada. Cada partitura foi escrita nunha época determinada, cuns fins determinados, por un compositor determinado, cun estado de ánimo determinado; coñecer todos estes aspectos extrema a facilidade para interpretar unha partitura con maior rapidez e corrección.
Un terceiro é a educación do oído, pois ó estudar a historia da música débense escoitar moitos tipos de composicións diferentes, alcanzando soltura para diferenciar sons, épocas e instrumentos que participan nestas composicións.
O último aspecto ten que ver coas formas musicais; a música como todo linguaxe pódese analizar dende unidades máis grandes e complexas a unidades máis pequenas e sinxelas, sendo de vital importancia a historia para esclarecer en qué partes de análise se pode dividir unha composición para o seu posterior estudio exhaustivo.
A historia ben enfocada debe resultar amena e entretida, sendo indispensábel para alcanzar unha formación musical integral.
Por isto, é preciso mostrar a modo de resumo, unha pequena clasificación sobre a historia da música, así como tamén un enlace que leva a un divertido cómic que facilitará a aprendizaxe do alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario