O termo Música de Cámara pode parecer complexo pero é sinxelo na súa concepción.
A Música de Cámara pode entenderse a día de hoxe como a música escrita para un pequeno grupo de instrumentos no que se deben cumprir dúas regras; a primeira indica que cada partitura debe ser diferente, e a segunda, que non haxa director, polo que os músicos deben colocarse de forma que poidan verse entre sí.
Dende un punto de vista didáctico é importantísima a composición do grupo, pois o oído acostúmase a percibir diferentes timbres e movimentos de maneira simultánea; cousa que pode parecer sinxela pero que podemos comparar con escoitar varias persoas dirixíndose a outra á mesma vez. Este punto ten gran importancia no estudo musical por conseguir aunar grandes cualidades que se requiren nun músico, como son simultanear lectura, oído, ritmos diferentes, etc.
Outro punto importante é que resulta moito máis motivador tocar en grupo que facelo de forma individual, tódolos alumnos queixanse de que, ás veces, algunhas obras ou estudos chegan a ser aburridos, pero suplindo isto con partituras grupales divertidas conséguese un gran resultado final.
Deixamos un fermoso exemplo coñecido por todos, O Canon de Johann Pachelbel
O Canon (Canon e Giga en Re maior para tres violíns e baixo continuo, no orixinal alemán: Kanon und Gigue in D-Dur für drei Violinen und Basso Continuo) é a obra máis coñecida na actualidade do compositor de música barroca alemán Johann Pachelbel.
Pachelbel escribíu esta obra arredor de 1680, sendo orixinariamente unha obra de música de cámara para tres violíns e baixo continuo; posteriormente realizáronse numerosos arreglos para unha grande variedade de instrumentos e conxuntos.
Pachelbel escribíu esta obra arredor de 1680, sendo orixinariamente unha obra de música de cámara para tres violíns e baixo continuo; posteriormente realizáronse numerosos arreglos para unha grande variedade de instrumentos e conxuntos.
O Canon é moi coñecido pola progresión armónica dos instrumentos de corda, que o converteron nunha das pezas máis reutilizadas na música popular contemporánea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario