“Si me lo dices, lo olvido. Si me lo enseñas, lo recuerdo. Si me involucras, aprendo”.

“Si me lo dices, lo olvido. Si me lo enseñas, lo recuerdo. Si me involucras, aprendo”.

domingo, 27 de marzo de 2011

Xoga con instrumentos musicais

Esta entrada vai dedicada a todos aqueles que desexen que a música forme parte activa da súa vida, e pretendan iniciarse na práctica dun instrmento musical. Por iso  mostramos un xogo cos instrumentos que forman unha orquestra, así como tamén uns consellos para o momento de participar nun concerto.

¿Nervios antes dun concerto? 
En música, e en calquer actividade que requira un desenvolvemento de destrezas en público, o corpo sufre unha serie de modificacións fisiolóxicas que desenvocan no que coñecemos como nervios. 
Os nervios son algo moi persoal, son difíclies de controlar e dependen de tantas cousas que sería imposible vivir sen eles; existen técnicas de relaxación que se poden levar a cabo antes dun concerto e soen ser bastante efectivas pero neste caso gustaríame entrar a valorar o aspecto psicolóxico do estado nervioso. 
A un estudante de música débeselle enseñar o gusto por mostrar as súas destrezas, por mostrar todo o que sabe. O que maior medo sempre é o de equivocarse, neste  punto é fundamental o pensamento e a seguridade nun mesmo, o pensamento negativo implica nun porcentaxe moi alto o desenrrolo fallido, é importante ser moi optimista ó mesmo tempo que confiar nas túas habilidades. 
O primordial, disfrutade do que estades a facer,  non hai nada mellor que situarse diante do público e disfrutar do que estás a facer transmitindo así este sentimento logrando que o público disfrute da peza.  
Por último, nunca tratedes de deixar de sentir nervios, é imposible e para un músico non é recomendable, os nervios aparecen antes e despóis pero seguindo algún consello anterior nunca deberían aparecer durante; tratar de canalizar os nervios hacia una emoción positiva evita temblores molestos. 
Disfrutar do público é algo que leva moito tempo e algún esforzo, pero recompensa o ego como moi poucas cousas ó longo da vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario